|
CELEBROU-SE EM OURENSE A ASSEMBLEIA DE MOVIMENTOS SOCIAIS |
|
No domingo 13 de Maio celebrou-se na cidade de Ourense umha assembleia à que acodirom activistas de diferentes movimentos sociais, anticapitalistas e contra a precariedade da Galiza (A Casa Encantada, Radio Kalimera, preSOS Galiza, Mulheres Transgredindo, Comisión de Denuncia da Galiza, Assembleia de prekarias de Compostela, Dementes en loita, Atreu!, Olho Livre, Invisiveis, Maribolheras Prekarias, A Deriva, FugaEmRede, Hacktreu, Grupo de Axitación Social, Prekarias en Loita, A.S Caleidoskopia, A. Xuvenil Luar, C.S A Revolta, Xogo Descuberto, Asemblea polo vivenda digna de Ourense e Lerchas), com o objectivo de avançar no tecido de redes, a construçom de espaços e o potenciamento de iniciativas antisistémicas no nosso país. Esta Assembleia quixo dar continuidade à celebrada em Vigo durante o primeiro de Maio (no que activistas de todo o país confluímos no bloco precário que se manifestou polas ruas da cidade), e conseguiu-no concretizando novas propostas, fortalecendo laços e fixando novos encontros semelhantes para próximas datas.
|
|
Ler mais...
|
|
|
Crónica do rueiro anti-especulativo |
|
24-M: RUEIRO ANTI-ESPECULATIVO
O passado 24 de Março a Assembleia por umha Vivenda Digna de Ourense
organizamos um roteiro anti-especulativo na cidade de Ourense para
denunciar os casos mais aberrantes de especulaçom urbanística no casco
velho da cidade.
|
|
Ler mais...
|
|
|
Video do rueiro anti-especulativo |
|
Estamos traballando na edición do video do rueiro anti-especulativo para poder colgar unha versión reducida e que resuma o que foi a acción. Polo de agora, deixamos o enlace do vídeo en bruto completo para quen o queira descargar...Agardamos que desfrutedes tanto coma nós
|
|
|
A VIVENDA É UM DIREITO
Sábado, 24 de março de 2007, ás 18:00 horas no começo da rua do passeio
(parque S. Lázaro)
MOVE-TE POR UMHA VIVENDA DIGNA!
|
|
|
Temos máis imaxes na nosa Galería |
 Acabamos de colgar algunha imaxe máis na nosa biblioteca de imaxes...As últimas fotos foron sacadas estes últimos días e inmortalizan as plantillas que aparecen pola cidade con reivindicacións sobre a vivenda...
|
|
|
Obradoiro de concurso de plantillas |
Comezamos a nosa actividade cun
obradoiro e un concurso de plantillas para os próximos días,
como podedes ver no cartaz adxunto... Animádevos a
participar!!!
CONCURSO DE PLANTILHAS
-A temática das plantilhas tem
de tratar a problemática da vivenda, a especulaçom
urbanística,...
-Para participar, as plantilhas
deveram-se pintar em, polo menos, 10 pontos da cidade
-Enviar umha foto, ou mais, ao correio
Este endereço de e-mail está protegido contra spam bots, pelo que o JavaScript terá de estar activado para que possa visualizar o endereço de email
-Premiará-se a tod@s @s
participantes com umha segunda vivenda, he, he!
-Os prémios entregaram-se
durante as mobilizações dos dias 23 e 24
POLO DIREITO A UMHA VIVENDA DIGNA!!
|
|
|